A teoría clásica recoñece a existencia de só catro sabores: amargo, acedo, doce, salgado. Cada un destes sabores ten asociado unha zona específica da lingua como sensor específico ('sensor gustatorio') que recibe o sabor.
- Amargo - Existen diferentes compostos químicos que proporcionan o sabor amargo. A lingua humana é moi sofisticada na detección de sustancias amargas. A capacidade de distinguireses sabores amargos é quizais un instinto de supervivencia xa que a maioría dos velenos posúen este sabor[8].
- Ácedo - Trátase de receptores na lingua capaces de detectar sustancias acedas (é dicir H en solución)
- Doce - azucre (glicosa), na punta da lingua. O mecanismo exacto polo que se detecta o doce é obxecto de investigación na actualidade.
- Salgado - Trátase de papilas gustativas sensibles á recepción de ións procedentes do sal común (NaCl).
0 comentarios:
Publicar un comentario